miércoles, 20 de abril de 2016

O Kumite

Ola a todos!
Bueno, nesta entrada como xa sabedes vou falarvos do kumite.
Comezamos:

O kumité é un combate no cual algunhas das técnicas practicadas no kihon ou na kata son aplicadas nun enfrentamiento cun opoñente real.

O kumite recibe distintos nomes:
  • Kihon kumite: consiste na aplicación de ataques sobre un compañeiro e defensas ante ataques . Dependendo do número de técnicas, recibe diferentes nomes, sendo habituales no ippon kumite (unha defensa e contraataque) e o sanbon kumite (tres defensas e contraataque).
  • Shiai kumite: Consiste nun combate con regras, que interven un árbitro e varios xuices. Herir ou golpear en ciertas zoas ao opoñente conleva, non só a anulación da técnica, se non tamén unha penalización. A puntuación ao final do encontro determina un gañador.
  • Jyu kumite: Consiste na aplicación libre das técnicas de ataque e defensa sen haber establecido previamente cales serán estas técnicas. Poden ser estilo "deportivo", practicando libremente as aplicacións de técnicas para o kumite deportivo, ou tamén se chama Jyu Kumite.
Na maioría de estilos de karate tradicionais como: Shorin Ryu, Shotokan, Shito Ryu, Wado Ryu, Goju Ryu, etc. O kumite  realizase dentro de categorías por pesos e ao punto, cun regramento de superficies (con o que se golpea) e zoas de contacto (donde se golpea) permitidas.

 Xa vos expliquei fai tempo que a vestimenta pode variar dependendo da modalidade, pero se non vos acordades os deixo o enlade da vestimenta por aquí abaixo:
                                                                                                   Enlace

Un bico e una aperta.
                                    Ata a próxima!

A kata:

Ola, benvidos outra vez máis ao meu blog:
Como xa vos dixen fai tempo (parece que pasaron anos...) que iva a facer unha ou duas entradas sobre a Kata e o Kumite, pois hoxe vo las traio.

Un kata é unha secuencia de movementos, que encadea unha serie de técnicas de defensa e ataque.
En cada kata existe un conxunto de movementos predeterminados, os cuales poden ser practicados polo alumno sen necesidade de un contrincante.

Os katas foron desevolvidos polos primeiros mestres tras anos de investigación, entrenamento, e experiencia de combate.
O Kata é una forma de entrenamento típica das Artes Marciais asiáticas Orientais e non ten equivalente nas diferentes Artes Occidentais.A través do Kata, e do recoñecenmento se trasmitió de xeración en xeración. No desarrollo dos Katas non se ha permitido ningún movemento, nin o máis mínimo, sen significado claro e non se debe de esquecer que no Karate non existeo concepto de aticiparse, por iso todos os Kastas comezan por unha defensa; cada movemento, cada técnica, ten un significado claro e non se debe olvidar que no Karate no existe o concepto de anticiparse. O Kata é o fundamento que nos ensina as posicións do corpo, os movementos, e os principios para usar mans e pernas. Nos ensinan a respiración, a tranquilidade, a seguridade, o ritmo, o  espíritu loitador, e o poder de decisión.
 
O Kata non é un entrenamento simple  do corpo que pode facerse superficialmente; se non unha forma de entrenamento austero. É una forma distinguida, clásica de aprender básicamente, nas experiencias durante a loita po la vida e a norte no campo de batalla.
O karateka sempre ten que prestar atención ao número correcto dos movementos de man  e pé (embusen) e a comprender a natureza específica do Kata  e o  significado das súas técnicas.

Un bico e ata a próxima!
Pd: A próxima entrada tratará da modalidade de kumite.
 

jueves, 10 de marzo de 2016

A vestimenta


Ola ola ,bueno, nesta entrada vouvos falar un pouquiño da vestimenta que levamos os karatekas, porén de kumite ou de kata.


A vestimenta dos karatekas e diferente segundo a modalidade que practiques:




Modalidade deKata:O karategui (coñecido por kimono) de Kata e máis ríxido ca do Kumite porque os movementos quedan máis bonitos e marcados.
O karategui de Kata componse dunha chaqueta coas mangas cortas e con costuras dobres, tamén componse dun pantalón corto coa cintura elástica. E porsuposto acompañado do cinto.



 

 
Modalidade de Kumite: O karategui de Kumite é lixeiro e comodo para permitir gran libertade de movemento e rapidez ao competidor. Nesta modalidade utilizanse proteccions como: peto, casco (entre os 8 e 13 anos), guantillas, bucal, protectores para pés e espinillas
.E para os homes tamén hai coquilla.




Tanto en Kata como en Kumite a hora dos enfrentamentos un levará o cinto de cor vermella e outro de cor azul. Xa vos explicarei máis adiante porqué.




Que é o Karate?

O Karate é unha palabra japonesa que significa "mans valeiras". Consiste en unha arte marcial japonesa e un método de ataque e defesa persoal que inclue diversas técnicas executadas coas mans desarmadas.

O Arte Marcial coñecido como Te, xurdiu en Okinawa como un dos sistemas de combate, desenvolvido como método de defensa persoal, debido a prohibición das armas, impostas polos gobernantes Japoneses no Siglo XVI sobre a Población de Okinawa. Un dos principais maestros recoñecidos de esta forma de combate foi Shungo Sakugawa (1733-1815).

No Karate disimulase un combate (tanto en Kata como en Kumite).Neste deporte principalmente ten que haver respeto, en ningún momento se deve de golear se trata de marcar, e intentar que non che marquen.

viernes, 4 de marzo de 2016

BENVIDOS AO MEU BLOG!

Ola chámome Ari:
Esta é a primeira entrada do meu blog, como xa sabedes chamase “cinto e karategui” e quería dicirvos de que se trata:
Tratase do karate. Escollín este tema porque xa levo moitos anos practicando este deporte.
Moita xente pensa que o karate serve para pegar e golpear as persoas , precisamente é o contrario, o karate serve para saber defenderse e para que ninguén che ataque. Neste blog vou a explicarvos moitas cousas sobre este deporte.
Con estas explicacións espero chegar a motivarvos para empezar  a facer karate, ou seguir practicando.
Este blog o creei  a partir dun traballo de lingua, en principio teño que levar este blog ata fin de curso, pero se estades interesados neste tema seguireino facendo.

Ata a proxima.